Imaxe:

Vista panorámica da cidade da Coruña

Cronoloxía:
1860[ca]

Vista panorámica da cidade, composta por tres fotografías unidas, positivadas en papel sobre ferro de zinc. Na vista da baía, a cidade esténdese desde o barrio de Santa Lucía ata o castelo e a illa de San Antón, ao fondo os muíños de vento na contorna da Torre de Hércules. O autor, Alejandro Avrillon (Juan Bautista), francés, asociouse con Luís Sellier, da mesma nacionalidade e tamén fotógrafo, e tiveron un gabinete fotográfico conxunto na cidade da Coruña na década dos anos 60.

Folla técnica

Número de inventario:
5595
Materia / Soporte:
Papel fotográfico
Cinc
Cronoloxía:
1860[ca]
Clasificación:
Fotografía
Iconografía:
Paisaxe. Vista urbana
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: Vilas Durán, Francisco Javier (13/07/2007)
Medidas:
Fotografía: Altura = 22,7 cm; Anchura = 116,2 cm
Soporte: Altura = 39 cm; Anchura = 133,7 cm
Técnica:
Revelado
Obxecto:
Fotografía