Castillo, Jorge

Pontevedra (m)
-
1933

Jorge José Castillo Casalderrey (Pontevedra, 1933). Jorge Castillo pasa a súa infancia en Bos Aires onde tamén se formará na Escola de Belas Artes. En 1955 trasládase a Madrid e realiza algunhas mostras en galerías da capital para participar uns anos despois nunha sucesión de exposicións por todo o mundo, para fixa a súa residencia en Nova York, cidade na que establecerá o seu estudo.

En 1982 expón na prestixiosa Galería neoiorquina Marlborough que o vai representar comercialmente. Exporá en cidades como Barcelona ou Santiago en anos posteriores. No relativo á súa creación, cabe dicir que Castillo traballa non só a pintura, senón tamén o gravado e o debuxo, e quizais este último é o máis recoñecido en lugares como os Estados Unidos. Toda esta obra denota o reflexo dun mundo absolutamente persoal, de símbolos e iconografías absolutamente orixinais. Pictoricamente iníciase cunha temática onírica e surrealista que irá abandonando progresivamente.

Desenvolve unha importante actividade como gravador que transcorre entre Madrid e Barcelona, Xenebra e Berlín. Na súa obra gráfica aspectos como o trazo, o concepto espacial e os motivos están imbricados cos seus traballos de debuxo, pintura e escultura. Como gravador experimentará con diversas técnicas: augaforte, augatinta, litografía e punta seca. 

Obras do/a autor/a