Imaxe:
Sen título
Folla técnica
Número de inventario:
5100
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Novas figuracións
Cronoloxía:
1963[ca]
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Encadernacións Ex-Libris S. L. (04/05/2000)
Medidas:
Con marco: Altura = 163,5 cm; Anchura = 132,5 cm; Profundidade = 4,5 cm
Lenzo: Altura = 160 cm; Anchura = 129 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
A escena desenvólvese nun espazo subxectivo organizado mediante grandes masas de cores. Estas, irrompen no cadro proporcionando unha gran densidade e forza aos planos de fondo. Parecen como biombos, que chocan visualmente rompendo a continuidade espacial. É un espazo creado a partir de concepcións abstractas. A gravidez das masas de cor contrasta coa volatilidade da parella que centra a composición. As figuras, de perfil, parecen meras marionetas nunha representación teatral , inexpresivas, estáticas, ausentes á inestabilidade que suporía a posición semitumbada en que se atopan.