Dyck, Anton van

Anveres
-
1599
Londres
-
1641
Escola de arte:
Escola Flamenga

Anton van Dyck (Anveres, 1599 - Londres, 1641). Inicia os seus estudos no taller de Hendrick van Balen. Artista precoz, está inscrito no Gremio de San Lucas de Anveres como mestre pintor en 1618. Foi discípulo e colaborador de Rubens. Durante os anos de estancia en Italia (1621-1627) estuda aos venecianos e aos boloñeses e cultiva o retrato. En Xénova pintou aos membros de familias aristocráticas que contribuíron a cimentar a súa reputación como artista. Regresa a Anveres en 1628 como un consumado pintor de corte. En 1632 instálase definitivamente en Londres onde foi nomeado retratista de Carlos I de Inglaterra.

Obras do/a autor/a