Imaxe:

Carlos I de Inglaterra en tres posturas

Autores/as:
Cronoloxía:
1636[ca]-1650[ca]

COPIA DE ANTON VAN DYCK

Retrato de Carlos I de Inglaterra de medio corpo e en tres posturas: de fronte e dúas de perfil. Viste de negro, vermello e lila sucesivamente, con valona branca bordada. No brazo do busto situado á dereita aparece parte da estrela de oito puntas que é un emblema unido á Orde da Xarretera, unha das ordes de cabalaría máis antiga do Reino Unido. A imaxe de Carlos I de fronte, perfil e tres cuartos, foi encargada a Van Dyck coa finalidade de enviala a Bernini para que executase un busto en mármore do monarca. A obra orixinal pintada por Van Dyck cara a 1635-1636 forma parte da Colección Real inglesa.

Folla técnica

Número de inventario:
260
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Barroco
Autores/as:
Cronoloxía:
1636[ca]-1650[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Retrato. Masculino
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado (16/08/1946)
Historial:

Depositado no Concello da Coruña desde Abril de 1942, ata a apertura do Museo, por O. M. 19- 12- 1941.
 

Medidas:
Con marco: Altura = 103,6 cm; Anchura = 123 cm; Profundidade = 8,5 cm
Lenzo: Altura = 81 cm; Anchura = 99 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro