Faílde, Antonio
Antonio Faílde Gago (Ourense, 1907-1979). Artista afincado na súa cidade natal, cunha traxectoria que seguiu enraizada na tradición galega de carácter popular. Faílde iniciou os seus primeiros pasos como canteiro no taller dun familiar, oficio do que viviu durante bastante tempo alternándoo coa súa formación na Escola de Artes e Oficios. A través dunha bolsa da Deputación de Ourense, en 1943 viaxa a Madrid e amplía a súa formación na Escola de Belas Artes de San Fernando. Despois da guerra civil obtén a praza de Modelado e Baleirado na Escola de Artes e Oficios de Ourense e renova a súa interrompida vocación escultórica.
Realiza os primeiros grupos escultóricos en madeira e pedra, representando peregrinos, romeus ou nenos xogando. É unha escultura vinculada ao mundo do románico pero axuntando tanto nas súas esculturas como nos seus relevos un arcaísmo formal e un ingenuismo de aspecto inacabado que anuncian a orientación da súa traxectoria futura. Tipos humanos de corpos macizos e trazos esquemáticos, cunha tendencia ao bloque pechado que lle leva a amontoar aos seus personaxes para adpatarlos ás dimensións dun espazo límite.
Faílde, sen estar plenamente integrado no grupo de Os Novos, realiza unha escultura que responde os postulados definidos polos renovadores, xa que as súas obras parten das influencias da tradición do románico galego para representar en granito, madeira ou barro, toda unha serie de tipos humanos de inspiración popular como nenos, mulleres, maternidades e deusas primitivas, que tenden ao hieratismo e a frontalidad.