Ferrant Fischermans, Alejandro

Madrid (m)
-
1843
Madrid (m)
-
1917

Comezou a pintar sendo un neno no estudo do seu tío Luís Ferrant Llausás e asistiu despois aos cursos da Academia de Belas Artes de San Fernando na que o seu tío era académico. Estudou pensionado polo Infante don Sebastián. Trasladouse a Roma en 1874 para ampliar os seus estudos como bolseiro do Goberno español, alí asistiu á Academia Española de Belas Artes onde trabou amizade con Francisco Pradilla, Jaime Morera e Casto Plasencia, entre outros. En 1880 foi designado membro da Academia de San Fernando, na que ingresou en 1885, tendo o seu discurso como tema -A pintura decorativa-. Foi profesor da Escola de Artes e Oficios e director do Museo Nacional de Arte Moderna. Cultivou temas de historia, relixiosos, paisaxes, bodegóns, retratos. Ademais do debuxo dominou as técnicas pictóricas: óleo, acuarela e fresco, técnica na que logrou un gran prestixio polas pinturas realizadas na igrexa de San Francisco o Grande de Madrid na que traballou con Francisco Pradilla e Manuel Domínguez Sánchez. Realizou ademais obras pictóricas de ornamentación en Madrid no Palacio de Linares e o Ministerio de Educación, na Deputación Provincial de Pamplona, no Palacio de Xustiza en Barcelona e no Casino de Zaragoza. A súa técnica baséase no predominio da mancha sobre o debuxo, utilizando unha pincelada solta. Foi pai do escultor Angel Ferrant Vázquez.

Obras do/a autor/a