Imaxe:

Retrato de Ricardo Fernández-Cuevas

Cronoloxía:
1901

Retrato de medio corpo dun neno que mira ao fronte. Está sentado nunha cadeira de brazos e leva un vestido ou casaca de cor verde con mangas abullonadas e sobre el un colo de puntilla. Trataríase dun retrato do natural no que predomina a pincelada solta. A luz, procedente da parte superior esquerda, incide nesa parte do rostro do neno, no cabelo e no colo branco que viste, modelando as súas formas e facendo que estean máis perfilados e definidos que o respaldo da cadeira na que está o neno.

Folla técnica

Número de inventario:
6315
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Realismo
Cronoloxía:
1901
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Retrato. Infantil
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: Fraga Fernández-Cuevas, Mª Jesús (22/03/2016)
Medidas:
Con marco: Altura = 74 cm; Anchura = 62 cm; Profundidade = 2,8 cm
Lenzo: Altura = 60,5 cm; Anchura = 48,5 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro