Frau, José
José Frau Ruiz (Vigo, 1898-Madrid, 1976). Nace en Vigo, xa que o seu pai estaba destinado neste porto pola súa profesión de carabineiro. Trasládase a Madrid en 1916 para estudar na Academia de Belas Artes de San Fernando e en 1917 é pensionado á escola de paisaxismo do Paular (Segovia). Participou en varias exposicións antes de marcharse en 1947 a América onde vivirá en Bos Aires, Montevideo e México. En 1964 regresará a España para permanecer en Madrid ata a súa morte. A súa pintura, de raiz figurativa, móvese na liña do cromatismo fauvista que co tempo irá sintetizando. Centrado na paisaxe, os xogos cromáticos e o lumínico denotan unha certa evolución dentro das dimensións da técnica impresionista.