Giordano, Luca

Nápoles (Italia)
-
1634
Nápoles (Italia)
-
1705
Escola de arte:
Escola Italiana

Luca Giordano (Nápoles, 1634-1705). Pintor e gravador italiano. Os seus primeiros biógrafos afirman que se formou na contorna de Ribera, cuxo estilo imitou nun primeiro momento. Pronto realizou unha decisiva viaxe a Roma e Venecia, onde estudou sobre todo a Veronés, cuxa influencia se percibe na súa traxectoria posterior. Na maduración do seu estilo tamén influíron poderosamente outros artistas como Mattia Preti, Rubens, Bernini e, sobre todo, Pietro da Cortona, cuxos tipos físicos inspiraron os de Giordano. Diversos encargos artísticos en Italia contribuíron a establecer a súa fama internacional. En 1692 foi chamado a Madrid para levar a cabo as grandes decoracións murais do mosteiro do Escorial, tanto na escaleira como nas bóvedas da basílica, onde traballou entre 1692 e 1694. A primeira constitúe a súa obra máis esmerada, nunha composición que puxo en evidencia ante os españois o seu dominio da técnica do fresco. A este conxunto seguiu o do Casón do Bo Retiro, a sancristía da catedral de Toledo, a decoración da Real capela do Alcázar e San Antonio dos Portugueses. A chegada de Felipe V en 1701 ao morrer Carlos II e o inicio da Guerra de Sucesión provocou o fin dos encargos reais e, en definitiva, a volta de Giordano a Nápoles en 1702, aínda que o artista continuou enviando abundantes pinturas a España.

Obras do/a autor/a