López García, Juan Luis
Juan Luís López García (Coñecido como Juan Luís). (Santiago de Compostela, 1894-1984). Fillo dun imaxineiro compostelán, entra en 1910 no taller de Mariano Tito Vázquez. O concello de Santiago concédelle unha bolsa para ampliar estudos en Madrid que lle achega a posibilidade de abrirse á pintura literaria. Alí sintoniza coa corrente neosimbolista encabezada polo pintor cordobés Romero de Torres e asiste ao taller de Ignacio Zuloaga. Novas bolsas permítenlle viaxar a París e Suíza onde recibe o influxo dos pintores postimpresionnistas e simbolistas. En 1943 gana a cátedra de Colorido da Escola Superior de Belas Artes de Sant Jordi de Barcelona que exercerá ata a súa xubilación.