Imaxe:

Ofelia aldeá

Cronoloxía:
1922

Escena na que unha muller xace tombada en primeiro plano ante unha paisaxe. O val rodeado por suaves lombas pode identificarse con O Caeiro (Cuntis, Pontevedra) onde o pintor pasaba tempadas de verán a principios dos anos vinte.

Esta figura feminina é unha reinterpretación da famosa imaxe de Ofelia creada polo pintor prerrafaelista John Millais en 1852, que Juan Luis adapta ao mundo rural galego. A figura recreaba o personaxe de Ofelia na obra literaria Hamlet de W. Shakespeare, que aquí non aparece morta e flotando no río, senón que xace recostada nunha poética paisaje galega rodeada de margaridas, a flor que simboliza a inocencia. Juan Luis achegouse, a través das narracións de Valle-Inclán, aos prerrafaelistas ingleses, un grupo de artistas que recorría a temas literarios e tomaba como modelos estéticos aos pintores do quattrocento italiano. Ideales que os conduciu a un estilo arcaizante e a un romanticismo melancólico con contido simbólico. Ofelia converteuse nun símbolo da muller fráxil e inocente que, marcada por un destino adverso, perde a cordura e a vida por mor dunha encrucillada amorosa. 

A obra rematouse cun marco ornamentado polo escultor Compostela (Francisco Vázquez Díaz), no que se engadiu a seguinte inscrición: D´unha mala fada morreu a probiña. A expresión mala fada refírese na cultura galega á acción maléfica dalgunos seres ou entidades. Era costume do pintor Juan Luis completar o tema pictórico con valores literarios. A pintura está realizada sobre unha base de temple que acentúa a factura mate característica do pintor que asume o clasicismo do Renacemento flamengo e italiano, en especial o estilo veneciano de Giorgione. Con esta obra outórgaselle a Segunda Medalla na Exposición Nacional de Belas Artes no ano 1922.

Folla técnica

Número de inventario:
6360
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Simbolismo
Cronoloxía:
1922
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Figura. Feminina
Personaxes literarios
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (21/07/2016)
Historial:

Con esta obra outórgaselle a Segunda Medalla na Exposición Nacional de Belas Artes do ano 1922.

Medidas:
Con marco: Altura = 95 cm; Anchura = 190,5 cm; Profundidade = 8,5 cm
Lenzo: Altura = 95 cm; Anchura = 190 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro