Lugrís Vadillo, Urbano

Vigo (m)
-
1942
Coruña (A) (m)
-
2018

Urbano Lugrís Vadillo (Vigo, 1942-A Coruña, 2018). Provén dunha familia de artistas, o seu pai foi o pintor  Urbano Lugrís e o seu avó o escritor Manuel Lugrís Freire. 

A pesar de estudar Náutica durante principios dos anos 60 e estar embarcado desde 1965 ata 1971, sempre pintou de forma autodidacta e logrou realizar a súa primeira exposición xa en 1962 na Coruña. Os seus inicios a principios dos 60 son informalistas e abstractos, próximos ás propostas de César Manrique, e non representan o que será a gran maioría das súas obras, caracterizadas por unha estética entre o surreal e o hiperrealista. Durante as súas estancias no mar pinta no seu camarote, crea paisaxes mariñas entre o real e a ficción, inspirados no que ve e nos relatos de Julio Verne, que o marcaron desde neno, cun ambiente lúgubre e fantasmal.

A principios dos 70 toma a decisión de centrarse na súa faceta como artista e trasládase a Madrid, etapa na que se abre máis á cor e na que colabora co galerista Rottenburg. Nos 80 volve a Coruña, realiza poucas exposicións e céntrase en desenvolver a súa arte, que inclúe a figuración pero mantendo os motivos anteriores: o mar ou as arquitecturas. Durante os anos 90 podemos falar da etapa de plenitude da cor, destacando o uso do amarelo. Adéntrase cada vez máis no mundo do onírico e o fantasioso, cunha técnica exquisita que manifesta nas miniaturas que pinta dentro dos propios cadros. 

Obras do/a autor/a