Maella, Mariano Salvador
Mariano Salvador Maella (Valencia, 1739-Madrid, 1819). En Madrid perfecciona o seu estilo co escultor Felipe de Castro practicando debuxo e modelado. Continúa despois na Academia de Belas Artes de San Fernando onde acudiu ás clases do pintor Antonio González Velázquez, quen lle transmitiu todos os elementos do barroco tardío dieciochesco. Máis tarde, trasládase a Roma en 1758,onde aprendeu a técnica ao fresco e recibiu influencias academicistas onde primaba a frialdade de colorido. Volveu a Madrid en 1765, ano en que foi nomeado membro de mérito pola Academia de San Fernando. Rafael Mengs, primeiro pintor de cámara, converteuse no seu protector, incorporándolle ao servizo real. En 1774 foi nomeado pintor de cámara e en 1795 converteuse no director xeral da Academia de San Fernando. Carlos IV concedeulle en 1799 o título de primeiro pintor do rei, vacante desde a morte de Mengs, aínda que compartido con Francisco de Goya. Maella desenvolveu gran parte da súa actividade artística en Madrid.
Cultivou a pintura ao fresco, o retrato oficial e os cadros relixiosos. A súa obra caracterízase polo academicismo e o rigor no debuxo de acordo ao gusto da época, polo colorido frío e o acabado suave, combinando as últimas rabexadas do barroco dieciochesco coas novidades do neoclasicismo.