Morales, Luis de

Badaxoz (m)
-
1510[ca]
-
1586[ca]
Escola de arte:
Escola Estremeña (Badaxoz)

Luis de Morales (Badaxoz, c. 1510-Alcántara ?, Cáceres, c. 1586). Naceu probablemente en Badaxoz cidade na que se estableceu en 1539 e tal vez morreu en Alcántara (Cáceres) onde residía en 1585. Morales foi denominado "O Divino" polo seu primeiro biógrafo no século XVIII, Antonio Palomino, pola súa dedicación á pintura de asuntos relixiosos que realizaba con gran sutileza. Realizou numerosos retablos e cadros de altar e obtivo grande éxito con pequenas táboas de temática relixiosa, parece que algunhas das súas obras chegaron a ser adquiridas por Filipe II. A enorme produción de encargos foi posible grazas a un nutrido taller responsable de copias do mestre. Na súa obra, a meticulosidade e o detallismo da pincelada son propios da pintura flamenca, pero os tipos humanos e o colorido son de tradición italiana, unha influencia que recibiu probablemente a través do foco pictórico valenciano. É característico da súa pintura a atmosfera atormentada que rodea aos personaxes cunha profunda vida interior.

Obras do/a autor/a