Imaxe:
Eccehomo
Folla técnica
Número de inventario:
275
Materia / Soporte:
Táboa
Contexto cultural / Estilo:
Renacemento
Cronoloxía:
1530[ca]-1586[ca]
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Asignación. Usucapión: Servizo de Defensa do Patrimonio Artístico Nacional. Xunta Delegada de Incautación, Protección e Salvamento do Tesouro Artístico (Decreto 10 de outubro de 1963, nº 2527/63 (Ministerio de Facenda))
Historial:
Procede das incautacións realizadas durante a Guerra Civil (1936-1939). O 15 do 10 de 1941 entrégase ao Museo, segundo consta nun recibo da Comisaría Xeral do Patrimonio Artístico. Por O. M. 19-12-1941 ingresa no Museo en calidade de Depósito. O 21-04-1942 deposítase para a súa custodia temporal no Concello da Coruña. O 16 de agosto de 1946 ten lugar a entrega da obra por parte do Concello ao Museo Provincial de Belas Artes. Por medio do Decreto 10 de outubro de 1963 núm. 2527/63 a obra declárase propiedade do Estado.
Medidas:
Con marco: Altura = 65,5 cm; Anchura = 54,5 cm; Profundidade = 8 cm
Táboa: Altura = 45,5 cm; Anchura = 35 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
ATRIBUIDO A LUIS DE MORALES
A figura de Cristo, de menos de medio corpo e coa cabeza ladeada cara á súa dereita, está situada sobre un fondo en penumbra. Esta imaxe vén plasmar a expresión Eccehomo, que é a forma latina do anuncio de Pilatos: Aquí está o home, cando presentou a Xesús ao pobo para coñecer o seu veredicto. Seguindo os relatos evanxélicos, Cristo suxeita entre as súas mans atadas unha cana a modo de cetro, e leva o manto púrpura e a coroa de espiñas que os soldados romanos lle colocaran como burla para comparalo cun rei terreal. A imaxe de Cristo doente respondía plenamente aos ideais da Contrarreforma católica xa que reflictía a faceta humana do Fillo de Deus e pola súa grande emotividade convidaba á compaixón e a meditación dos fieis. A figura do eccehomo, solitaria e ante un fondo escuro, con efectos de contraste de luz e sombra, foi frecuente na pintura de Luis de Morales. O artista, recorre ao formato de medias figuras, para crear un tipo de imaxe moi apropiada para satisfacer a devoción da súa clientela devota e na súa maior parte do ámbito clerical e habitual na súa produción, xa que se coñecen varias versións do mesmo tema. O seu peculiar estilo, que foi imitado no seu propio taller de Badaxoz e polos seus discípulos, fusionaba influencias da pintura de Flandres que se observan no emprego da madeira como soporte da súa pintura e no detallismo do tratamento do cabelo, con influencias da pintura italiana como o esvaecido dos perfís e a creación dunha atmosfera ambiental nos seus cadros.