Morera y Galicia, Jaime

Lleida (m)
-
1854
Madrid (m)
-
1927

Jaime Morera y Galicia (Lleida, 1854-Madrid, 1927). Estudou pintura de paisaxe na Escola de San Fernando de Madrid con Carlos de Haes. Despois marchou pensionado a Roma en 1874. Alí pintaría paisaxes italianas dentro das normas do academicismo clasicista. En Italia estableceu amizade con Francisco Pradilla e Mariano Fortuny. Ao seu regreso a España, en 1877, volveu temporalmente á súa cidade natal, coa que mantería relación ao longo de toda a súa vida crean­do, en 1917, o Museo de Arte Moderna Jaime Morera. Con todo, instalouse definitivamente en Madrid, desde onde viaxou a Holanda, Bélxica e Francia, seguindo os pasos do seu mestre. Representa unha corrente paisaxista oposta ao impresionismo e luminismo, partidaria da experiencia directa do ­natural e atraída polas paisaxes nórdicas e, en España, polo País Vasco, onde pasou longas tempadas. Tamén percorreu a serra madrileña a partir de 1890, sendo moi celebrada a súa serie do Guadarrama transmitindo a visión dunha montaña branca e gris de grandeza romántica que coincidía con posturas neorrománticas europeas moi en boga.

Obras do/a autor/a