Navarro, Román

Coruña (A) (l)
-
28/02/1854
Coruña (A) (l)
-
10/09/1928

Román Navarro García-Vinuesa (A Coruña, 1854-1928). Inicia a súa presenza artística ilustrando as publicacións coruñesas El Domingo, El Duende ou Don Pepito. Así mesmo expoñía as súas obras nos escaparates da rúa Real. Estuda a carreira das armas e chega a ser oficial de Húsares. En 1894 foi pensionado a Roma pola Deputación coruñesa para ampliar os seus estudos de Belas Artes. Posteriormente é destinado a Barcelona como profesor de Debuxo da Escola de Belas Artes, permutando un ano despois con José Ruíz Blasco, pai de Picasso, a praza da Coruña. Despois regresará definitivamente a esta cidade na que o seu labor docente serviu como primeiro crisol para artistas como Abelenda, Lloréns ou Alfredo Souto. Como pintor de escenas militares segue o gusto dos parámetros da época: desfiles, paradas militares ou marchas informais van ser motivos de reiterada presenza na súa temática.

Outras obras do/a autor/a neste museo

  • Retrato de Doña Mª Vilar del Valle (#2890 - Cuadro - Lienzo - Pintura al óleo)
  • Ricardo Caruncho (Liceo Brigantino) (#3144 - Lámina - Papel - )