Nóvoa García, Leopoldo

Salcedo
-
17/12/1919
París
-
23/02/2012

Leopoldo Nóvoa García (Salcedo, Pontevedra, 1919-París, 2012). Abandona Galicia aos sete anos de idade para residir coa súa familia en distintos paises de sudamérica. Despois de comezar a súa formación en debuxo, pintura e modelado, Nóvoa regresa a Galicia en 1929. Permanecerán aquí nos tempos da República, pero marcharanse en 1938 a Uruguai. Estuda Dereito e Arquitectura e comeza a introducirse no mundo da arte, traballando na produción de cerámica. En 1947 instálase en Buenos Aires, aquí coñece a Luís Seoane con quen colabora na revista Galicia emigrante e co seu apoio realiza ademais a súa primeira exposición individual en 1953. Iníciase na pintura cunha figuración de carácter constructivista, de cores planas que serven de base a temas de carácter costumista: paisaxes urbanas, escenas rurais, interiores, etc. A partir de 1960 abandona a figuración e iníciase na abstracción cunha forte presenza do matérico, que pronto comparte protagonismo co espazo e a luz. Na obra mural que realiza ao aire libre en Montevideo no estadio do Cerro (1962-1964), están presentes as coordenadas da súa obra: uso de materiais de refugallo, búsqueda da luz e o movemento e vocación tridimensional nunhas composicións, a medio camiño entre a pintura e a escultura.

En 1965 traslada o seu estudo a París e a principios dos setenta desposúese da materia e inicia unha etapa monocroma na que prescinde de toda referencia narrativa, e a cor que aplica en estado puro, vermellos, azuis, brancos ou negros, é modificado pola luz. Cos anos recurirá de novo á materia e a materiais de diversa procedencia dando lugar a composicións tridimensionales. Creará lenzos nos que aparecen arestas que sobresaen, pasan a tea e estírana cara ao espectador, á vez que son cargados de materia, ou rachados, sempre perturbando a súa superficie. A súa vida continuará entre París e A Bouza, en Pontevedra, en 1975 expón na Coruña e a finais dos oitenta realiza o mural situado no parque de Santa Margarita na Coruña, que queda inconcluso. En 1997 realízase o seu gan retrospectiva no CGAC en Compostela.

Obras do/a autor/a

Outras obras do/a autor/a neste museo

  • Gris con cuadrángulo rojizo y perforaciones (#5287 - Cuadro - Lienzo - Mixta)
  • Sin Título (#5283 - Escultura - Bronce - Fundido)