Paz, Manolo

Castrelo (Santa Cruz)
-
1957

Manuel Paz Mouta (Castrelo,Cambados, Pontevedra, 1957). Matricúlase na Escola de Artes e Oficios de Santiago e obtén un contrato como profesor na Escola de Canteiros de Poio. A súa ocupación docente compaxínaa coas primeiras experiencias creativas. Desde as ensamblaxes de materiais de refugallo ao deseño de dispositivos mecánicos, que quedaron como proxectos irrealizables. Cara a 1982 empezou a experimentar sobre formalizacións en formigón de carácter aéreo. Á volta dunha viaxe a Nova York, en 1983, orienta os seus intereses cara ao valor da escultura autóctona, os seus símbolos e os seus materiais, a pedra. Adopta a pedra como material exclusivo, o granito, adoptando as súas obras as formas arquetípicas do menhir. No transcurso dos anos oitenta abrirá o bloque monolítico traballando os cortes con talla puída para buscar o contraste entre a masa labrada e rugosa e a superficie interna puída, e do volume do bloque e o baleiro do espazo interno. Desde mediados dos anos oitenta experimentará tamén situando a pedra sobre altas peanas de madeira, como troncos que prolongan e participan da propia escultura.

Obras do/a autor/a