Imaxe:

Árbore

Autores/as:
Cronoloxía:
2000

Esta obra de Manolo Paz, un dos principais expoñentes da escultura contemporánea en Galicia, que formou parte do grupo Atlántica nos anos oitenta, enmárcase dentro dunha nova etapa xestada por mor da súa estancia en Nova York nos anos noventa. Percíbese nela un novo modo de combinar as propiedades dos materiais, da nudez da pedra coas do voluminoso tronco de madeira que actúa como pedestal e achega a liña de forza. Consegue que o espazo vire ao redor da escultura grazas ao xogo expansivo das lascas ensambladas entre si que matiza o peso da madeira.

Folla técnica

Número de inventario:
5649
Materia / Soporte:
Cuarcita
Madeira
Contexto cultural / Estilo:
Abstracción
Autores/as:
Cronoloxía:
2000
Clasificación:
Escultura
Sala:
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Galería SCQ (16/07/2008)
Medidas:
Altura = 210 cm; Anchura = 120 cm; Profundidade = 120 cm
Obxecto:
Escultura