Poggini, Giampaolo

Florencia
-
1518
Madrid (m)
-
1582[ca]

Giampaolo Poggini (Florencia, 1518 – Madrid, ca. 1582). Nacido en Florencia en 1518, traballa como escultor, ourive e gravador de pedras finas, moedas e medallas. Cara a mediados de 1540 atópase –xunto ao seu irmán- traballando para Benvenuto Cellini, e atendendo encargos do duque Cosme I de  Médici, quen os nomea gravadores das moedas do seu ducado de Florencia e Siena.

Ao redor de 1555, Poggini pasa a formar parte do servizo da Casa de Austria, como cuñador de moeda, e en 1563 é nomeado escultor de Filipe II, acuñando para el diferentes moedas e medallas conmemorativas. Unha delas, que celebra o segundo matrimonio do monarca con Ana de Austria, forma parte da colección do Museo de Belas Artes da Coruña.

Obras do/a autor/a