Imaxe:
Medalla conmemorativa da voda de Filipe II e Ana de Austria (1571)
Folla técnica
Número de inventario:
4293
Materia / Soporte:
Chumbo
Contexto cultural / Estilo:
Idade Moderna. Monarquía Hispánica
Cronoloxía:
1571
Clasificación:
Medallística
Procedencia:
Asignación. Doazón: Blanco-Cicerón Trillo, Herminia (10/01/1993)
Medidas:
Medalla: Diámetro = 37 mm; Peso = 21,94 gr
Técnica:
Cuñaxe
Obxecto:
Medalla
ANVERSO: PHILIPPVS · II · HISPAN · REX CATHOL· ARCH · AVSTRIAE. Busto do rei á esquerda, con barba, coiraza, manto e o colar da Orde do Toisón. Debaixo, I · PAVL · POG · F. Gráfila de puntos.
REVERSO: ANNA REGINA PHILIPPI II · HISPAN · REGIS CATHOL. Busto da raíña á dereita, co cabelo recollido cara atrás, encima da caluga e encerrado nunha rede de encaixe, con vestido de colo alto. Gráfila de puntos.
CANTO: liso.