Quellinus II, Erasmus

Amberes
-
1607
Amberes
-
1678
Escola de arte:
Escola Flamenga

Erasmus Quellinus II (Anveres, 1607-1678). Fillo do escultor Erasmus Quellinus I, do que recibiu a súa primeira formación, o que daría lugar a un estilo sólido de figuras marcadamente rotundas nas pinturas do mozo Quellinus. Nas súas primeiras obras é evidente o coñecemento dos caravaggistas flamengos, como Theodoor Rombouts ou Gerard Seghers. Durante a década de 1630 colaborou en varias ocasións con Rubens, en España, na decoración da Torre da Parada en Madrid, para a que realizou seis lenzos, segundo os bosquexos de Rubens, que evidencian o clasicismo das súas primeiras obras. Con todo, na década seguinte multiplicou a plasticidade das súas figuras con aparencia de esculturas pintadas. A partir da década de 1650 as figuras de Quellinus vólvense meras repeticións estereotipadas, que seguen o clasicismo imperante a través de modelos académicos de contornos idealizados. Nesta tendencia influíu sobre todo a estética promovida polos ideais academicistas franceses, dominadores da escena artística na segunda metade do século XVII, e a súa relación coas obras de Poussin. Colaborou frecuentemente con outros artistas, como Daniel Seghers e Jan Philip van Thielen, pintando as figuras do interior das grilandas de flores.

Obras do/a autor/a