Quintas Goyanes, Luis
Luís Quintas Goyanes. Marqués de Almeiras (Santiago de Compostela, 1908-A Coruña, 1987). Trasladouse moi novo á cidade da Coruña na que foi catedrático de Debuxo da Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos e do Instituto Eusebio da Garda, e dirixiu o Museo Provincial de Belas Artes entre 1969 e 1986. Formou parte da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos e do padroado do Museo Emilia Pardo Bazán. Retratou a intelectuais, escritores, políticos, cultivou a paisaxe con temas como praias, igrexas, cidades e tamén a ilustración en carteis, pergamiños e libros. En 1925 concorreu á exposición Nacional de Belas Artes con dous cadros: O Berbés e o Retrato de Álvaro Cebreiro.