Sobrino, Carlos

Pontevedra (m)
-
18/03/1885
Vigo (m)
-
04/12/1978

Carlos Sobrino Buhigas (Pontevedra, 1885-Vigo, 1978). En Madrid cursa a carreira de Comercio e a de Belas Artes e recibe leccións de Alejandro Ferrant, artista vinculado a Galicia nas súas estancias estivais e que será o iniciador do artista na pintura do natural. Reside dous anos en León destinado á Escola de Comercio e despois trasládase a Vigo en 1920 onde consegue o posto de profesor na Escola de Artes e Oficios. As súas primeiras obras están influídas polo decorativismo de fin de século, con todo a súa obra está vinculada ao costumismo galego desde moi pronto. Soportais, cruceiros, prazas empedradas e peiraos costeiros, conforman a súa temática pictórica iniciada no óleo e perpetuada na acuarela. No gravado foi un introductor de novas técnicas, como o linóleo na Escola Linoleísta Pontevedresa, que conformou con Pintos Fonseca e Castelao.

Obras do/a autor/a

Outras obras do/a autor/a neste museo

  • Figuras en Combarro (#6452 - Cuadro - Papel - Acuarela)
  • Paisaje (#3703 - Pintura - Papel - Témpera)