Imaxe:
A vida mariñeira das Rías Baixas
Folla técnica
Número de inventario:
891
Materia / Soporte:
Papel
Contexto cultural / Estilo:
Rexionalismo
Cronoloxía:
1918-1948
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Asignación. Compra: Sobrino, Carlos (13/04/1948)
Historial:
Foi comprada ao autor.
EXPOSICIÓNS:
Ano 1957.Lugar: A Coruña. ´Cea en honra do Xefe de Estado´. Concello da Coruña. Palacio Municipal. 14 de Setembro.
Ano 1958. Lugar: A Coruña. ´Cea de gala en honra ao Xefe de Estado´. Concello da Coruña, Palacio Municipal. 6 Setembro.
Ano 1985. A pesca e a pintura, Vigo. Sala de Exposicións de CaixaVigo. 17 Setembro- 17 de Outubro. Caixa de Aforros de Vigo.
Medidas:
Con marco: Altura = 66 cm; Anchura = 147,5 cm
Técnica:
Acuarela
Obxecto:
Cadro
En tres paneis, preséntanse tres escenas diferentes das artes da pesca, recollendo a visión dun pobo ou aldea coas súas típicas construcións (Hórreos, patín, etc) Todos os personaxes masculinos cubren a cabeza con boina e as mulleres con panos.