Willemsens, Abraham
Abraham Willensens (Anveres, c. 1610-Anveres, 1672). O pintor Willemsen aparece rexistrado en 1627-1628 no Gremio de San Lucas como alumno de Guilliam Antonissens, un pintor francés activo en Anveres. En 1645 foi elixido como decano do Gremio de pintores. Cultivou os temas relixiosos, mitológicos e a pintura de xénero con escenas da vida rural. A súa personalidade artística vincúlase aos mestres flamengos contemporáneos como Hendrick van Balen, Gerard Seghers e Rubens. Willemsens foi, xunto con Willem Van Herp e Pieter van Lint, un dos principais produtores de copias para os vendedores de arte de Anveres. Unha gran cantidade de pinturas de Willemsen atópanse en España debido a que traballou para os comerciantes de arte de Anveres Matthijs Musson e Guillam Forchondt que exportaban mercancías artísticas cara ao sur da Península.