Imaxe:
Escena pastoril
Folla técnica
Número de inventario:
5777
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Barroco
Cronoloxía:
1650[ca]-1670[ca]
Clasificación:
Pintura
Sala:
Procedencia:
Depósito Xunta. Legado: González-Regueral Losada, Amalia (19/05/2006)
Historial:
Para a identificación do monograma AB. W. co que está asinado este lenzo ver:
Jahel Sanzsalazar: Identificada una pintura de Abraham Willemsens con atribución a Willem van Herp, Boletín del Museo e Instituto Camón Aznar, nº 101, 2008, pp. 259-268 (na p. 260 analiza a sinatura deste autor concluindo que está composta polas iniciais AB entrelazadas seguidas da letra W ou do seu apelido enteiro).
Matias Díaz Padrón: Sobre Abraham Willemsens y el éxito del tema Moisés salvado de las aguas dentro de su producción. Philostrato. Revista de Historia y Arte, Instituto Moll, nº 9, 2021. pp. 127-140.
Medidas:
Con marco: Altura = 115,7 cm; Anchura = 143 cm; Profundidade = 6 cm
Lenzo: Altura = 95 cm; Anchura = 121,5 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
A escena pastoril ambientada nunha paisaxe foi un tema habitual na pintura italianizante. O grupo familiar de pastores que aparece descansando á beira das ruínas dun edificio de estilo romano e os animais que os rodean, conforman unha escena de xénero relativa á vida rural que Willemsens cultivou en numerosas composicións. Evoca dun modo idealizado a vida campestre para expresar o desexo da época dunha arte de carácter bucólico.
Unha composición similar á desta escena pastoril, dentro dun espazo ao aire libre, na que un grupo familiar sitúase á esquerda, e á dereita o espazo ábrese a unha paisaxe, é a do óleo citado no Catálogo: Du Baroque au Classicisme. Rubens, Poussin et lles Peintres du XVIIe Siècle, Paris, Musée Jacquemart-André. Bruxelas: Fonds Mercator, 2010, pp. 130,131. En ambas as obras, no centro da composición sitúase sobre o chan o mesmo obxecto e na mesma posición, un tipo de caldeiro de latón con pitorro vertedor, que serve ao pintor para mostrar a súa habilidade na representación da textura e brillos deste material.
Gran cantidade de obras de Willemsens chegaron a España a través da actividade dos comerciantes de arte de Anveres que exportaban as pinturas ao mercado español.