Imaxe:

Abanico

Cronoloxía:
1850[ca]

Abanico chinés e o seu estoxo. Abanico pregable tipo mil caras con varillaxe de madeira de sándalo e país dobre de papel. As gardas e a fonte son de madeira de sándalo e están talladas e caladas con motivos vexetais, florais, figuras humanas e arquitecturas que aluden a unha escena palaciana. O anverso do país presenta unha escena palaciega composta por multitude de personaxes distribuídos en terrazas. As súas roupas son de seda superposta, do mesmo xeito que as súas caras, que son de marfil pintado. O reverso é de novo unha escena palaciega pero esta vez con menor número de personaxes. O claviño ten unha borla beixe. Voo: 165°.

Estoxo rectangular. O exterior está lacado en negro e pintado en dourado: nos costados laterais, unhas ramas; na tapa unha escena con dúas figuras, un enreixado e árbores. O interior: forrado de papel vermello. Ten un soporte de cartón forrado en azul que se adapta á forma do abanico. A tapa está forrada en seda branca pintada cunha bolboreta e unhas rosas. Peche metálico.

Folla técnica

Número de inventario:
3247
Materia / Soporte:
Papel
Madeira de sándalo
Nácar
Metal
Fío
Cronoloxía:
1850[ca]
Clasificación:
Indumentaria. Complementos
Utensilio contedor
Iconografía:
Arquitectura e monumentos
Temática orientalista
Procedencia:
Asignación. Doazón: Terán, Matilde (18/08/1966)
Medidas:
Estoxo: Altura = 6,5 cm; Anchura = 36,3 cm
Gardas: Altura = 31,5 cm; Anchura = 2,7 cm
País: Altura = 17 cm
Técnica:
Lacado
Satén
Témpera
Obxecto:
Abanico