Imaxe:

Abanico

Cronoloxía:
1900[ca]-1920[ca]

Abanico plegable tipo ballón, de estilo modernista con varillaje tipo esqueleto (8 + 2) de madeira lacada en branco e país de tea montado á inglesa . As gardas están pintadas e caladas con motivos vexetais. O país decórase con pequenas aplicacións de abelorios e motivos florais e vexetais pintados con témpera. A virola é de latón dourado e o clavillo e a argola de metal prateado. Voo: 180°.

Folla técnica

Número de inventario:
5361
Materia / Soporte:
Tecido
Madeira
Metal
Cronoloxía:
1900[ca]-1920[ca]
Clasificación:
Indumentaria. Complementos
Iconografía:
Motivos florais
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Torres Vioque, Mª del Carmen de (28/11/2005)
Medidas:
Gardas: Altura = 21 cm; Anchura = 4 cm
País: Altura = 16,5 cm
Técnica:
Pintado
Calado
Témpera
Aplicación de abelorios
Obxecto:
Abanico