Imaxe:
Abanico
Folla técnica
Número de inventario:
5365
Materia / Soporte:
Madeira
Madeira
Metal
Metal
Fío
Papel
Cronoloxía:
1925[ca]
Clasificación:
Indumentaria. Complementos
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Torres Vioque, Mª del Carmen de (28/11/2005)
Medidas:
Gardas: Altura = 23,2 cm; Anchura = 1,5 cm
País: Altura = 9,5 cm
Técnica:
Gasa
Aplicación de abelorios
Témpera
Obxecto:
Abanico
Abanico plegable con varillaje (19 + 2) de madeira, gasa e papel. No anverso, a fonte está calada, lacada en negro e pintada con motivos vexetais e florais en diversos tons. O reverso non posúe decoración pictórica. As gardas están lacadas en negro e pintadas no extremo superior con motivos vexetais e florais. O país é dobre, no anverso, se intercala o papel pintado con témpera con motivos florais e a gasa de cor marrón que está a delimitar contornos con formas vexetais mediante pequenas aplicacións de abelorios redondos, en orixe, de cor dourada. O reverso é de gasa cor marrón, sen ningún tipo de decoración. O ribete no anverso, é un fío cor marfil a modo de pasamanería. O clavillo e a virola probablemente fosen de metal prateado, na actualidade están oxidados. Voo: 160°.