Imaxe:

Abanico

Cronoloxía:
1890-1900

Abanico plegable tipo pericón con varillaje (14 + 2) de madeira lisa. No anverso, de seda, presenta unha decoración pictórica que acusa as innovacións das Artes Decorativas de fin de século. Está pintado cunha gran rama floreada en tons terrosos, máis escuros á dereita e vanse aclarando progresivamente cara á esquerda. Sobre a garda, icrustada, unha tira de coiro e no seu extremo, un relevo metálico con amorcillos.

Voo: 180°.

Folla técnica

Número de inventario:
3186
Materia / Soporte:
Madeira
Seda
Latón
Metal
Cronoloxía:
1890-1900
Clasificación:
Indumentaria. Complementos
Iconografía:
Motivos florais
Procedencia:
Asignación. Doazón: Quintas Goyanes, Luís (23/07/1963)
Historial:

Peza doada por D. Luís Quinta Goyanes tal e como indica o Recibo de doazón Nº 333.

Medidas:
Gardas: Altura = 36,8 cm; Anchura = 3,3 cm
País: Altura = 23 cm
Técnica:
Témpera
Gasa
Obxecto:
Abanico