Imaxe:
Amor divino
Folla técnica
Número de inventario:
6361
Materia / Soporte:
Pedra
Contexto cultural / Estilo:
Realismo
Cronoloxía:
1919-1920
Clasificación:
Escultura
Sala:
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (01/08/2016)
Medidas:
Escultura: Altura = 213 cm; Anchura = 55 cm; Profundidade = 45 cm; Peso = 5100 gr
Técnica:
Esculpido
Policromado
Obxecto:
Escultura
Esta figura pertence ao proxecto titulado Trilogía de los amores, empresa na que o escultor traballaba cando faleceu. Compoñíase de tres grandes figuras femininas que, cunha linguaxe marcada polo simbolismo, pretendía representar o amor maternal, o amor profano e o amor divino ou místico, que foi a única peza que chegou a acabar.
Amor divino representa a unha estilizada figura feminina de gran altura, de pé, cun sobrio hábito de monxa, e botando a cabeza cara atrás cunha expresión que reflicte a intensidade espiritual.