Imaxe:

Árbol de manciñeira

Cronoloxía:
1976

O gusto pola natureza desprázase ao interese polo obxecto, pasando do interior do bosque, dos seus troncos, ao interior doméstico onde representa xa a torada (troncos cortados) yacente sobre unha mesa. É un anuncio do seu progresivo paso ás naturezas mortas dos anos seguintes na procura da exaltación da forma por si mesma e dunha pintura intimista e persoal. Como explica o autor, -pódese dicir que a paisaxe a reducín a bodegón. É o bodegón da paisaxe-. Nesta etapa o obxecto convértese en pretexto para investigar a forma, a luz e a cor. Recorre ao xogo lumínico de efecto tenebrista que, xunto coa sutileza nas tonalidades dos verdes da cortiza e dos ocres da mesa, fan resaltar o tronco sobre o fondo escuro.

Folla técnica

Número de inventario:
5245
Materia / Soporte:
Tablex
Cronoloxía:
1976
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Vexetal
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Historial:

EXPOSICIÓNS:
Alexandre González Pascual. Palacio de Exposicións Quiosco Alfonso. A Coruña. Concello, 1997.

Medidas:
Con marco: Altura = 66 cm; Anchura = 74 cm
Taboleiro: Altura = 61 cm; Anchura = 71 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro