Imaxe:

A artista

Cronoloxía:
1887 [ca]

O pintor palentino Martínez del Rincón desenvolveu unha carreira influída polas reminiscencias dun romanticismo xa tardío. Compaxinou o seu interese polos temas orientalistas coa representación de tipos femininos, tratados sempre dende arquetipos tradicionais. Esta é unha das súas obras máis coñecidas nese sentido, e unha das numerosas imaxes da feminidade que o Estado adquiriu a través dos premios obtidos nas Exposicións Nacionais de Belas Artes.

A escena sitúase no interior dun atelier contemporáneo, onde certos detalles —como o vaso de inspiración alhambresca— evocan a influencia de Fortuny. Ese ambiente contrasta co carácter anacrónico do vestido da protagonista, de corte Imperio pero con elementos de diferentes épocas, o que subliña a súa condición de modelo. O feito de que pinte sobre un lenzo xa enmarcado e, polo tanto, rematado, podería suxerir que o artista a concibiu como unha alegoría vivinte da propia pintura.

Folla técnica

Número de inventario:
6578
Materia / Soporte:
Lenzo
Cronoloxía:
1887 [ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Arquitectura. Interiores
Procedencia:
Depósito Museo Nacional del Prado O. M. 14/07/2025 (14/07/2025)
Medidas:
Lienzo: Altura = 76 cm; Anchura = 53 cm
Marco: Altura = 88,8 cm; Anchura = 65,5 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro