Imaxe:

Avoa e netos

Cronoloxía:
1916 [ca]

Retrato de grupo, centrado pola representación dunha figura feminina de avanzada idade sostendo un libro nas súas mans e observando ao espectador. Está rodeada por seis figuras infantís. A escena está situada nun interior doméstico. É un retrato familiar no que aparecen representados a nai do pintor, Asunción Zaragoza e Núñez de Pindo, rodeada dos seus netos, os seis fillos que o pintor tivo con Pilar de Castro.

 

 

 

Folla técnica

Número de inventario:
6443
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Pintura Galega. Xeración Triunfante
Cronoloxía:
1916 [ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Figura. Infantil
Arquitectura. Interiores
Retrato. Grupo
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado (05/10/2018)
Medidas:
Con marco: Altura = 167 cm; Anchura = 164 cm; Profundidade = 9 cm
Lenzo: Altura = 149 cm; Anchura = 146 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro