Imaxe:

Baile xitano

Cronoloxía:
1949-1953

O pintor tratou o tema do folclorismo xitano durante a súa estancia en París e retomouno ao longo da súa carreira. As representacións de xitanas e de bailes flamencos cativaron á sociedade parisiense e foron tratadas por pintores españois establecidos en París pero tamén por salientables pintores parisienses de vangarda.

Nesta escena de baile xitano, a bailaora, de pé, co corpo en tensión e os brazos levantados, comparte protagonismo coas palmeadoras e dous guitarristas. O conxunto dos personaxes resalta o vínculo entre a música e a expresividade do movemento do corpo da bailaora.

Folla técnica

Materia / Soporte:
Lenzo
Cronoloxía:
1949-1953
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Colección Anglada-Camarasa Fundación “la Caixa”
© Hermen Anglada-Camarasa, VEGAP, A Coruña, 2026
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro