Imaxe:

Bodegón

Autores/as:
Cronoloxía:
1967

A finais dos anos cincuenta, tras unha longa viaxe por Europa infestado de encargos e exposicións, Tenreiro experimenta un cambio na súa pintura, froito da súa inclinación cara ás atmosferas tenebristas recreadas por autores como Valdés Leal ou Solana. Dita etapa, que se deu en chamar por algúns críticos, pintura negra, duraría case unha década, desde finais dos cincuenta a finais dos sesenta e supoñería unha reformulación da súa obra. Este bodegón, seguindo a tradición do máis puro barroco español en canto a composición, poderiamos consideralo como unha derivación do estilo, pois nel achamos algunhas características específicas como a aplicación de cores negras e terras como base dunha paleta na gama dos grises, azuis ultramar e violetas.

Folla técnica

Número de inventario:
5243
Materia / Soporte:
Tablex
Autores/as:
Cronoloxía:
1967
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Bodegón
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 45,5 cm; Anchura = 61,5 cm
Taboleiro: Altura = 30,6 cm; Anchura = 47 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro