Tenreiro, Antonio

Coruña (A) (m)
-
06/02/1923
Coruña (A) (m)
-
26/10/2006

Antonio Tenreiro Brochón (A Coruña, 1923-2006). Fillo do arquitecto do mesmo nome é un pintor practicamente autodidacta e un dos artistas galegos de maior vocación internacional, viaxando por múltiples países de Europa, cuxos paisaxes se van a converter en fonte esencial para todas as súas acuarelas e gouaches. Tenreiro estudaría na Escola de Arquitectura en Madrid, graduándose en 1952, á vez que asistía en ocasións ás clases de Espido do pintor Benedito. Desde moi cedo, ente 1950 e 1955, cando traballa basicamente con augadas, comezará a obter premios polas súas acuarelas. Xa nestes primeiros momentos denotaría unha clara paixón polas correntes francesas, residindo en distintos momentos en París, durante os anos cincuenta e sesenta, pero visitando tamén Suíza, Austria, Países Baixos ou Alemaña, expoñendo en distintas cidades e traballando nun estudo de arquitectura en Suecia. Aséntase con todo na Coruña, o que non lle impedirá seguir viaxando e realizando exposicións. Posteriormente, durante os setenta, centrará a súa creación pictórica na técnica do óleo. Ao longo dos anos van ser preponderantes na súa obra as paisaxes: imaxes das mariñas galegas e de campos ou montañas. Aínda que tamén pintará bodegóns, retratos e autorretratos, todo dunha clara influencia francesa, achegándose a miúdo aos pintores fauves, especialmente no cromático. En xeral, debemos destacar a súa mestría no traballo da cor, que se irá suavizando progresivamente ao longo da súa carreira como pintor, á vez que pasará por distintos momentos, tendendo máis ao sombrío, ao fauvista, ou o luminista.

Obras do/a autor/a