Imaxe:

Brañas

Cronoloxía:
1930

O título do lenzo alude ao termo braña, un terreo húmido con vexetación, que neste exemplo conxuga os prados do val e ao fondo o monte baixo ondulado. É unha paisaxe resolto cunha equilibrada conxunción entre forma e luz, cunha visión que profundiza na distancia permitindo despregar o efecto da luz difusa na paisaxe húmida de Galicia. Ofrécenos unha natureza en contraluz coas árbores, arbustos e a herba bordeados nos seus perfís por un nimbo en contraluz. Utiliza unha paleta variada de tons verdes que se harmoniza co gris tenue da néboa.  

As brañas que pintou Lloréns con máis asiduidade situábanse nun espazo paralelo á praia de Mera (A Coruña) onde pasaba as súas estancias estivais. No óleo está patente a influencia do luminismo de Sorolla, de quen foi discípulo no seu taller de Madrid entre 1863 e 1927 aprendendo a paixón pola luz na paisaxe.

Folla técnica

Número de inventario:
855
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Pintura Galega. Xeración Triunfante; Rexionalismo
Cronoloxía:
1930
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Paisaxe. Rural
Procedencia:
Asignación. Compra: Lloréns, Eva e Rosario (04/01/1948)
Historial:

No ano 1951expúxose na Cea de gala en Honra do Xefe de Estado. Concello da Coruña, Palacio Municipal, 9 de setembro / Ano 1955 Cea de gala en honra ao xefe de Estado. Concello, 2 setembro / Ano 1956: Cea de gala en Honra do Xefe de Estado, Palacio Municipal, A Coruña, 16 de setembro.
ETIQUETAS na parte posterior:
Referentes a Exposicións: Dous no bastidor, e outra e dúas etiquetas (nº 105) (nº 433) no marco.

EXPOSICIÓNS:
Ano 1972: Exposición antolóxica de Francisco Lloréns. Dirección Xeral de Belas Artes. Museo Español de Arte Contemporánea, Madrid.
Ano 1975: Exposición antolóxica do pintor Francisco Llorens. Deputación Provincial da Coruña. Colexio Calvo Sotelo, A Coruña. Agosto-Setembro.
Ano 1980: 2ª Exposición de Artistas Galegos. Caixa Vigo, Sala de Exposicións, Vigo, 14-31 marzo.
Ano 1981: LLorens (1873-1948). Excmo. Concello da Coruña, 1-20 de decembro.
Ano 1983-1984: Homenaxe a pintores coruñeses. Deputación Provincial da Coruña, Colexio Calvo Sotelo, Decembro-Xaneiro.
Ano 1984: Pintura do século XIX nas Institucións. Concello da Coruña, Kiosko Alfonso, 21 xuño-5 xullo.
Ano 1985: Impresionistas galegos. Concello da Coruña, Kiosko Alfonso, 15 xuño-5 xullo.
Ano 1998: Homenaxe a Francisco Llorens no 50 aniversario da súa morte. Fundación Caixavigo, 15 xaneiro-30 abril. Vigo, Ourense, A Coruña e Santiago.

Medidas:
Con marco: Altura = 102 cm; Anchura = 112,5 cm; Profundidade = 6 cm
Lenzo: Altura = 90 cm; Anchura = 100,5 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro