Imaxe:

Busto de Ramón Goy de Silva

Autores/as:
Cronoloxía:
1923[ca]

Busto do escritor galego situado sobre un alto pedestal. Seguindo a tendencia dos seus retratos de personaxes históricos nos que alonga o canon das figuras, a cara é moi alongada, cunha ampla fronte, e o pelo cara atrás. Destaca unha gran man apoiada sobre o seu peito, coa que sostén un libro no que está tallado o título dunha obra do escritor, A Raíña Silencio. O rostro do escritor adquire unha enorme expresividade a través da mirada penetrante e uns trazos moi marcados, relacionada en certo xeito co expresionismo que o escultor coñeceu nas súas viaxes por Europa. A escultura mostra ademais una das características do artista en canto á súa forma de traballar, xa que se percibe o traballo directo da gubia ao tallar a madeira.

Folla técnica

Número de inventario:
1924
Materia / Soporte:
Madeira
Contexto cultural / Estilo:
Vangarda histórica galega
Autores/as:
Cronoloxía:
1923[ca]
Clasificación:
Escultura
Iconografía:
Retrato. Masculino
Procedencia:
Asignación. Doazón: Goy de Silva, Ramón (16/10/1951)
Historial:

EXPOSICIÓNS:
Ano: 1924. Lugar: Madrid. Centro Galego de Madrid.

Medidas:
Altura = 60 cm; Anchura = 27,7 cm; Profundidade = 23,6 cm
Pedestal: Altura = 15,7 cm
Técnica:
Talla
Obxecto:
Busto