Imaxe:
Cabeza de estudio
Folla técnica
Número de inventario:
138
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Realismo
Cronoloxía:
1925[ca]-1940[ca]
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Asignación. Compra: Deputación dá Coruña (31/08/1945)
Historial:
Obra comprada á Deputación provincial da Coruña polo prezo de 100 pesetas.
Medidas:
Con marco: Altura = 49,5 cm; Anchura = 40 cm
Lenzo: Altura = 38 cm; Anchura = 28 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Retrato de pequeno formato que representa a un ancián barbado e semicalvo, de mirada profunda e descoidada vestimenta. Presenta o busto do protagonista visto cun lixeiro escorzo.
NOTAS: A firma Mosquera foi posteriormente borrada por orde do autor por considerar este que non era obra súa; máis tarde reconsiderou a cuestión e confirmou a súa autoría.