Mosquera, Luis
Luís Mosquera Gómez (A Coruña, 1899-Aravaca Madrid, 1987). Iniciou de neno os estudos de pintura e debuxo con Román Navarro. Despois comezou estudos universitarios na Facultade de Ciencias de Santiago de Compostela que proseguiu en Madrid, onde se trasladou a estudar as oposicións ao corpo técnico de Aduanas, no que ingresou en 1922. Nesta época presentou a súa primeira obra na Exposición Nacional de Belas Artes, o retrato do seu compañeiro de residencia, o arquitecto Fontenla. Realizou viaxes de estudos a París e en 1931 regresou a Madrid e presentou no XI Salón de Outono tres retratos: o do violinista Manuel Quiroga, o de Martha Leman e o do escultor Compostela.