Imaxe:

Cabeza de muller

Autores/as:
Cronoloxía:
1971

Na obra de Lago a presenza feminina gaña protagonismo como tema a medida que se penetra na súa faceta puramente figurativa, ata adquirir entidade propia e conformar algunhas das series máis representativas da súa produción. Os seus retratos parecen estar sempre distantes, coa mirada perdida, sen contacto co espectador e nos que, por suposto, borrou calquera signo de individualización. A neutralidade formal que caracteriza a este autor tamén está presente nestas composicións, ben cando individualiza á figura en actos cotiáns ou cando se trata de figuras illadas como a que está representada no lenzo.

Folla técnica

Número de inventario:
5236
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Novas figuracións
Autores/as:
Cronoloxía:
1971
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Figura. Feminina
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 50 cm; Anchura = 41 cm
Lenzo: Altura = 33,5 cm; Anchura = 24 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro