Imaxe:

Cabrito

Cronoloxía:
1926-1930

Figura dun cabrito branco na que os trazos da cara están reproducidos por medio de incisións. O modelo orixinal desta peza foi deseñado por Castelao, activo colaborador da fábrica Cerámica Celta xunto con outros artistas como Francisco Asorey, José María Acuña ou Carlos Maside que achegaron deseños e bosquexos. A figura inspírase nunha pequena escultura do artista alemán Willy Zügel que alcanzou fama polas súas esculturas de animais realizadas a pequena escala. Castelao coñeceu os seus traballo durante a viaxe que realiza a Bélxica, Francia e Alemaña en 1921. A figura do cabrito foi usada tamén por Castelao como motivo para a ilustración gráfica.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Folla técnica

Número de inventario:
4866
Materia / Soporte:
Pasta cerámica
Cronoloxía:
1926-1930
Clasificación:
Cerámica
Iconografía:
Figura. Animal
Procedencia:
Depósito Xunta. Depósito: Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes dá Coruña (12/08/1993)
Medidas:
Figura: Altura = 27 cm; Anchura = 28 cm; Profundidade = 12 cm
Técnica:
Moldeado (Cerámica)
Vidrado
Cocción
Obxecto:
Figura