Imaxe:

Carnavalada

Autores/as:
Cronoloxía:
1947[ca]

Sobre un fondo de paisaxe tres personaxes disfrazados dispóñense en fila. A escena obecede ao carácter narrativo que conteñen a maioría das súas obras. Na década dos anos corenta desenvolve unha serie de temas inspirados nos contos e lendas de Galicia. É a época do Laxeiro fabulador que mostra nos seus cadros universos máxicos e trasmundos populares. os entroidos e máscaras. Represéntase aquí unha escena carnavalesca do mundo rural. Os seus personaxes, que adquiren un aspecto guiñolesco, divírtense nun escenario enmarcado por un murete macizo de bloques pétreos e unha parede de cantos. Esa robustez e arcaismo pétreo, establece unha perfecta conxunción coa vestimenta dos personaxes, e en xeral coa austeridade do ámbito paisaxístico da obra. En obras como esta xa podemos ver a característica sobriedade cromática, coas súas particulares entoacións de ocres. O pasisajismo terroso e de atmosferas pesadas, será outra das constantes do alfabeto particular do pintor.

Reverso: Nun primeiro plano, varias figuras de adultos e nenos dispóñense en círculo, nun segundo plano e sobre un fondo de casas, unha muller sentada sostén un neno en brazos e outro se sitúa ao seu lado.

Folla técnica

Número de inventario:
5336
Materia / Soporte:
Papel
Lapis de cor
Contexto cultural / Estilo:
Vangarda histórica galega
Autores/as:
Cronoloxía:
1947[ca]
Clasificación:
Artes Gráficas. Debuxo
Iconografía:
Festas e romerías
Costumista. Escena
Sala:
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: García Filgueira, Marta (22/07/2005)
Medidas:
Con marco: Altura = 60 cm; Anchura = 77,6 cm; Profundidade = 3 cm
Papel: Altura = 427 mm; Anchura = 602 mm
Técnica:
Debuxo con lapis
Obxecto:
Debuxo