Imaxe:
              
          Castigo
Folla técnica
Número de inventario:
              4900
          Materia / Soporte:
          Lenzo
              Contexto cultural / Estilo:
              Realismo
          Cronoloxía:
              1895
          Clasificación:
          Pintura
              Procedencia:
              Depósito: Museo Nacional del Prado (30/11/1995)
          Historial:
              Estivo depositado na Escola de Belas Artes da Coruña por R. O. desde 1896 a 1988.
Estivo depositado no Arquivo do Reino de Galicia, na Coruña por O. M. desde 1988 a 1995.
Desde 1995 está depositado no Museo de Belas Artes da Coruña por O. M.
 
Medidas:
          Con marco: Altura = 171 cm; Anchura = 238,5 cm; Profundidade = 15 cm
          Lenzo: Altura = 124,5 cm; Anchura = 192 cm
              Técnica:
          Pintura ao óleo
              Obxecto:
              Cadro
          
Escena desenvolta nunha estancia interior aberta a unha balconada pola que entra unha intensa luz. Diante dun pupitre de madeira escura, unha muller ganchillando escoita a conversación dunha nena sentada ao seu lado. Próxima ao balcón e sentada en cadeira de respaldo alto, outra nena está concentrada nas súas tarefas. Do único tramo de parede que se observa na estancia, colga un cadro coas dúas últimas filas de letras do abecedario. Diante, unha nena sentada e con vestido rosa, en actitude sobrecollida e pensativa, leva a man ao rostro e sostén sobre o regazo un papel similar a outros dous tirados no chan fronte a ela.