Imaxe:

Cesto

Cronoloxía:
1974

Aínda que se vai a dedicar a investigar a natureza morta desde 1977 coas súas primeiras sopeiras, xa abordara de forma esporádica este xénero na súa traxectoria creativa. Esta obra encádrase na súa etapa dedicada ás árbores, período que vai desde 1972 ata 1977, de gran actividade creativa. Correspondendo coas características da pintura dese momento, a obra está resolta nunha composición moi sinxela e austera, cun cesto de marcada presenza, destacando ante un fondo escuro e disposto sobre unha mesa na que se aprecia un mantel con flores. A austera paleta cromática vaise enriquecendo aos poucos, con tons ocres, amarelos e vermellos. Nestes anos emprega unha pincelada enérxica en favor da mancha e dun forte expresionismo ao que chega mediante unha intensa luz dirixida, de claro corte tenebrista.

Folla técnica

Número de inventario:
5282
Materia / Soporte:
Tablex
Cronoloxía:
1974
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Bodegón
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 52,7 cm; Anchura = 56 cm
Taboleiro: Altura = 49,7 cm; Anchura = 53,2 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro