Imaxe:
A danza
Folla técnica
Número de inventario:
5284
Materia / Soporte:
Papel
Contexto cultural / Estilo:
Vangarda histórica galega
Cronoloxía:
1934[ca]
Clasificación:
Pintura
Sala:
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Adega Iglesias, José Ramón da (20/05/2004)
Historial:
PROCEDENCIA: O propietario desta obra, é sobriño de Antonio Iglesias Vilarelle, músico e cuxo nomee figura na dedicatoria do debuxo.
O DOG publica o 23 de decembro de 2011 a declaración de ben de interese cultural inmaterial do conxunto da obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Publícase no BOE/BOE o día 19 de marzo de 2012.
EXPOSICIÓNS:
2017: Castelao grafista. Pinturas, debuxos, estampas. Real Academia de Belas Artes de San Fernando, Madrid.
Medidas:
Papel: Altura = 218 mm; Anchura = 150 mm
Técnica:
Témpera
Obxecto:
Pintura
No centro da composición tres figuras en actitude danzante, unha muller vestida con zuecos, saia e enaguas, camisa, dengue e pano na cabeza. Rodéana dúas figuras masculinas, ambos con calzón marrón, camisa avermellada e monteira. Na parte inferior do papel está representado un cordeiro de cor branca. O fondo sobre o que se recortan as figuras está decorado con motivos vexetais. Na década dos anos vinte Castelao cambia a súa concepción estética incorporando á estética modernista a influencia das innovacións dos artistas que traballan para a escenografía dos ballets rusos, que tiñan unha vocación integradora do popular cun concepto vangardista no que destaca o uso das cores puras e planos. Este debuxo hai que poñelo en relación con esa influencia que tamén inspira outras obras súas da década dos anos trinta.
É posible que este debuxo sexa un bosquexo, teniendo en cuenta a similitude das figuras e da composición da escena, con bosquexos realizados para ilustracións de libros e escenografías. (Ilustracións en Fraguas e Fraguas, Antonio (1985): O Traxe galego. Catalogación arqueolóxica e artística de Galicia do Museo de Pontevedra, Fundación Pedro Barrié de la Maza, pp. 104-107, 110).